Xoves, 6 de Agosto de 2009
O Goberno local anuncia a adxudicación das obras da superficie da praza de España por 1,3 millóns O alcalde, Vicente Irisarri, destaca este paso definitivo para dar solución a este espazo central de Ferrol e devolverllo á cidadanía. O edil Angel Mato estima que os traballos, cun prazo de execución de catro meses, se iniciarán a principios de setembro
Xoves, 18 de xuño de 2009 |
O edil Angel Mato destacou a aprobación definitiva do anteproxecto do centro deportivo polo pleno. Subliñou o compromiso do equipo que lidera Vicente Irisarri para devolver canto antes a praza aos ferroláns e ferrolás |
Martes, 26 de maio de 2009
O edil Angel Mato avanza que levará esta semana a pleno a aprobación definitiva do anteproxecto do centro deportivo. Subliña o compromiso do equipo que lidera Vicente Irisarri para devolver canto antes a praza aos ferroláns e ferrolás
Venres, 22 de maio de 2009
O edil Angel Mato asegura que o equipo que lidera Irisarri traballa para facer deste espazo un proxecto de todos. Traslada o proxecto de execución aos grupos, paso previo á aprobación en Xunta de Goberno e contratación de obra. Se trata dun proxecto integral que contempla a sutura entre barrios ampliando o ámbito de actuación ás rúas adxacentes
Martes, 7 de abril de 2009 |
O edil Angel Mato sinala que o prazo de elaboración é dun mes, tras o cal se sacarán a contratación as obras. As previsións que manexa o goberno local pasan por rematar os traballos na superficie antes de finalizar o ano. O obxetivo é convertir a praza de España nun auténtico espazo de convivencia, encontro e participación cidadá |
Xoves, 12 de marzo de 2009
O goberno local agradece o apoio de todos os grupos para sacar adiante o anteproxecto de construcción e explotación do centro deportivo e de ocio no subsolo. A medida abre o camiño para a posta en marcha dunhas instalacións que se prevé sexan referente en toda Galicia
Venres, 6 de marzo de 2009 |
O alcalde Vicente Irisarri avanza a coincidencia de todos os grupos na necesidade de aprobar un proxecto clave para Ferrol. O rexedor de Ferrol subliñou a importancia de dar resposta a unha das principais preocupacións para a cidadanía. A sesión extraordinaria se celebrará este mércores |
| Xoves, 19 de febreiro de 2009 | ||||||||||
O edil Ángel Mato explica que a proposta se debatirá mañá en sesión extraordinaria coa vontade de acadar o máximo consenso. As instalacións ocuparán máis de 4.500 metros cadrados e disporán dunha pista polivalente, unha piscina e unha zona spa.
|